Aproin Digital 134 / Vivienda unifamiliar  

Vivienda unifamiliar. Pereiro de Aguiar. Ourense

Arquitectos

Rafael Castro Armesto

Sandra González Rodríguez

Dousde Arquitectos, S.L.P.

Constructor

Julio Valencia, S.L.

Fotofrafía

Héctor Santos-Díez

Nalgunhas ocasións os condicionantes dun proxecto son tantos, que o proceso arquitectónico de buscar a mellor resposta a cada un deles determine o resultado, e o que en principio parece un problema convértese no que o singulariza.

Contorna

Esta vivenda atópase en Tibiás, un núcleo rural que, como tantos outros, creceu dunha forma desordenada pola súa prosximidade a Ourense. A parcela está no límite do núcleo cunha fraga, rodeada por edificacións novas e alguna máis antiga desvirtuada polas sucesivas intervencións. Ao norte está protexida por unha ladeira e ao sueste, onde está o viario de acceso, sitúanse as vista máis interesantes. A normativa urbanística determina que só unha pequena parte da parcela sexa edificable. Esta parte sitúase ao sur, e deixa un importante recuado coa rúa de acceso. Pero ademáis no medio da mesma crece un impoñente carballo, o único da parcela, e que con bo criterio os propietarios querían conservar.

Outro factor determinante en calquera vivenda que se constrúa en Ourense é o clima: o control solar no verán, e a necesidade de sombra, a que achega o edificio e a que poida achegar a contorna.

Programa de necesidades

A casa é o fogar dunha parella e as súas dúas fillas, para as que queren un espazo propio, requiren ademáis un estudo e un cuarto de invitados. Queren a vivenda nunha única planta que estea en contacto coa parcela e manteña a privacidade respecto da súa contorna. Como se desprazan principalmente en coche necesitan un garaxe cómodo, e ademáis cuarto de instalacións, adega e rocho.

Proxecto

A nosa resposta comeza por configurar unha vivenda en torno á árbore, xerando un espazo exterior con sombra no verán e sol no inverno como unha extensión da vivenda, que se abre cara u oeste, onde non hai edificacións senón unha fraga, polo que se logra manter a privacidade, permitindo unha visión parcial da rúa e o val. O estudo topográfico do terreo axudounos a elexir a cota á que estaría a vivenda, sen modificar apenas o terreo, o que por unha banda aforra custos, crea un menos impacto na paisaxe e xera un espazo na parte sur da edificación baixo o que situar o garaxe e un espazo exterior cuberto que permite unha certa relación visual entre o patio e a rúa.

Buscamos unha resposta orgánica na volumetría, un volumen plégase segundo as necesidades, conta cunha envolvente continua en fachadas, cuberta e voladizos, o que nos levou a unha solución construtiva que permite utilizar un único material en toda a superficie exterior, a pedra. O maior esforzó económico centrouse nesa pel, non só polo seu acabado senón tamén por lograr o mellor illamento posible, combinado cunha instalación xeotérmica que ofrece cun mínimo custo, calor no inverno e refrixeración no verán.

O esquema funcional sitúa o acceso na parte central da U que forma a edificación, así como a zona de circulación e servizo; sitúa a zona de día en pártea norte, con saída directa á parcela e o patio, con ocos a norte e sur. A zona de dormitorios ábrese ao sueste e establécese dúas zonas: unha para as fillas coa súa propia sala e baño; outra a dos país, que conta coa súa terraza individual orientada cara ás vistas afastadas do val. A circulación ábrase sempre cara ao patio, xerándose unha relación visual enriquecedora entre os distintos espazos da vivenda.

O acceso realízase por pártea sur da parcela, nesa cota están o garaxe e as instalación, de onde parte unha suave rampla ata o acceso á vivenda.

En ocasións os clientes necesitan un tempo para adaptarse á súa nova casa, o seu xardín, o seu horto, neste caso, a conexión foi inmediata: a relación entre a casa, a parcela e os seus habitantes flúe de maneira natural, o que se percibe nada máis entrar, sendo o espazo que xera en torno ao gran carballo o corazón da casa.