Casa en San Vitorio

Allariz

Se premia esta propuesta de diseño basada en la prefabricación y la integración en el medio natural, contenida en dimensiones y presupuesto, la propuesta se apoya en la geometría y el uso de la madera para superar sus límites físicos y apropiarse de la naturaleza que la rodea.

Arquitectos

Juan Seara Ouro
Berta Peleteiro Varela

Coñecemos a Ana e Ángel uns meses antes de que o mundo se parara.

Cada unha das claves que nos deron para abordar o proxecto da súa nova casa parecía anticipar o que estaba por vir, polo que comezamos a deseñar unha vivenda pospandemia sen tan sequera sabelo.

Ese tempo de emerxencia sanitaria e incerteza que nos obrigou a todos a repensar a nosa domesticidade, revelou o lúcido das decisións que foran tomando e que configuraron o noso marco de traballo.

Amantes do deporte, do contacto coa natureza e da vida sinxela, decidiron comezar de novo no rural, abrazando todo aquelo que o entorno lles ofrecía, lonxe desa visión idealizada e romántica que moitos urbanitas teñen do que é a aldea.

Desfrutar do monte, dos camiños, da veciñanza. Desfrutar do inverno e do verán. Pero sobre todo, desfrutar do espazo exterior. Querían unha casa que lles permitira vivir fora da casa.

Esta vocación de expandir o ámbito doméstico máis aló dos muros que pechan as nosas vivendas, esixía minimizar o programa funcional, maximizando as potencialidades de uso.

Debíamos articular o imprescindible, fuxindo dos típicos "por se acaso" que tenden a dar cona resultado vivendas sobredimensionadas e infrautilizadas, nun exercicio de compactación que nos permitise desbloquear metros e esponxar unha proposta accesible e viable.

Ao mesmo tempo, a vivenda debía proveitar todas as potencialidades da parcela, adaptándose ao contexto dun xeito respectuoso e sensible coa vexetación existente e coa pendente natural do terreo, pasando desapercibida dende a rúa.

Conxugar o criterio de accesibilidade nunha única planta, garantindo os accesos e minimizando os traballos de implantación levounos a propor unha vivenda elevada, en estructura palafítica, que permitise o aproveitamento dese intersicio como gran espazo aberto, que sumados aos existentes no nivel superior, fai que case o 60 % da superficie corresponda a espazos exteriores cubertos.

A xeometría fixo o resto.

Tres módulos de 7 x 4 metros (dimensións condicionadas polo transporte dos entramados lixeiros de madeira), nunha disposición concéntrica e xirados 120º, conformando un espazo central triangular, permitiunos "abrazar" as árbores existentes e abrirnos ás vistas lonxanas, aproveitando todas as orientacións e respectando os accesos peonil e rodado.

Dito esquema inicial, reforzase conformando un novo triángulo equilátero unindo os vértices alternos, arriostrando o conxunto e conformando uns corredores exteriores cubertos, tan habituais na arquitectura tradicional da comarca.

Unha casa lixeira, esencial e sostible, executada integramente en madeira e pousada sobre unha bandexa estrutural de formigón que permite salvar grandes luces, liberando o espazo inferior e minimizando os puntos de contacto co chan, pousándose, sen apenas deixar pegada.

Na cea á que nos convidaro ao acabar a obra (30 persoas con pulpeira incluída), un veciño dixo: "a casa un día despega e non a volvemos a ver". Entendeuno todo.