Aproin Digital 183 / Rehabilitación antiguo matadero de Gondomar  

Rehabilitación y puesta en valor del antiguo matadero

Gondomar

Se premia la actuación sobre un edifico industrial en desuso que se rehabilita como espacio dotacional polivalente de uso público, revitalizando un entorno degradado de la villa de Gondomar logrando un fantástico resultado ejemplo de obra pública y recuperación patrimonial de bajo presupuesto.

Arquitectos

Santos Vila González
Rosa Mouriño Pérez

O antigo matadoiro municipal de Gondomar, obra que data de finais dos anos corenta do arquitecto Enrique Álvarez-Sala y Moris, atopábase en desuso dende hai mais de 15 anos. Polo seu valor histórico e arquitectónico e a súa posición en relación a Vila de Gondomar, proponse a súa conservación e rehabilitación.

Conta con unha posición estratéxica no centro urbano da Vila de Gondomar, polo que se presenta coma un emprazamento idóneo para a localización dunha dotación municipal vencellada ó río e os seus recursos, así como á recuperación da identidade labrega da ViIla.

A rehabilitación integral, necesaria para acadar un uso axeitado, debe ter en conta, por unha banda, a súa tipoloxía edificatoria, edificio en planta de forma de U, pero sobre todo a súa posición respecto do río Zamáns e Morgadáns, que provoca que en época de chuvias se produce o asolagamento do ámbito e do propio edificio.

Esta situación condiciona o uso e actividades os que se pode destinar o edificio. O proxecto de rehabilitación asume a realidade de que o edificio se pode asolagar uns días o ano, e proxectase a rehabilitación do edificio entendendo este como un contedor no que se poden desenvolver distintas actividades, pero non se pode destina a un uso concreto e estable no tempo.

A intervención pensa o edificio como un espazo polivalente, un posible espazo didáctico e cultural onde poder amosar os recursos hídricos da Vila e o patrimonio cultural da mesma, ou un espazo onde poder facer actividades sociais, exposicións, mostras de produtos típicos, así como calquera outra que de acordo cos condicionantes de asolagamento e posición do edificio sexan posibles.

As distintas fases do proxecto asumen a realidade física do edificio, proxectase recuperar o edificio orixinal eliminando os engadidos realizados durante a vida útil do edificio como matadoiro. Liberase o espazo interior do edificio coa idea de crear ese epazo contedor que poida albergar os distintos usos polivalentes que se poden desenvolver e acondicionase o edificio instalando un sistema de peche do edificio e iluminación.

O proxecto se desenvolveu en 5 fases de execución de forma que a actuación se puidese financiar con distintas subvencións.