Aproin Digital / Gran De Area - Reestructuración viviendas Rua Fererria  

Reestructuración viviendas Rua Fererria 45-47. Vigo

Arquitecta

Eva María Castro Álvarez

Arquitecto colaborador

José Luis Quintela Porro

Aparejador

Manuel Cuquejo González

Promotor

Consorcio Casco Vello Vigo

Constructora

UTE Ferrería 45-47 (PRACE-EXTRACO)

Fotografía

Andrés Fraga

Dúas edificacións a restaurar, ferrería 45 e 47, no casco vello de Vigo, na parte alta, sobre a ladeira que con gran pendente encara o castelo de San Antón, enclave que enterrou as plantas baixas e primeiras no fondo da parcela.

Este é o punto de partida do proxecto. Decídese escavar un patio inglés nese fondo para dar fachada as vivendas: ventilación, luz, e un espazo axardinado privado. Conservase en ferrería 47 chemineas senlleiras que da man do patio recen nacido van atraer cara si a estancia do salón comedor.

Dúas edificacións con estados dispares de conservación, ferrería 47 coa fachada toda ela en pé, e ferrería 45 con media planta baixa e restos dun gran balcón soportado por ménsulas, darán lugar a dúas solucións diferentes. Dúas vivendas dunha habitación en ferrería 45, e unha vivenda de dúas habitacións e un dúplex con tres habitacións en ferrería 47 que comparten os elementos de comunicación. Dúas solucións de fachada, unha recupera a súa imaxe orixinal, fachada de pedra con carpintería enrasada ao exterior, e outra reconstrúese ata o balcón de pedra, lugar onde se apoia a nova fachada máis lixeira con carpintería ao interior e xambeados vistos de madeira. O diálogo, a media voz, entre as dúas fachadas vai falalo un novo material (panel de cemento branco) de corte, cor e colocación similar a tablas de madeira.

A fachada posterior de pedra precisa aumentar en altura e profundar no novo patio. Precisa tamén aperturas máis amplias. As chemineas axudan na súa vertical no soporte e na composición do alzado. O formigón de cemento branco e area de cor tostado, cun encofrado que continua as xuntas das pedras, enlaza e completa a fachada.

Os muros medianeiros existentes de pedra crecen en formigón cando non alcancen a cuberta. Algúns deles quedarán vistos no interior. Nace dende a cimentación un novo muro que soporta a escaleira. A través de ela o portal enchese de luz. Os forxados de madeira apóianse sobre as vigas metálicas vistas e a madeira de haia cubre parte das paredes en continuidade coas carpinterías.

Recupérase ademais pequenas presenzas do pasado. O canal de pedra de recollida da auga permanece no salón da vivenda e a gárgola continúa na nova fachada. Por último a fermosa porta do antiguo portal de ferrería 47 abre agora o local comercial.